Estache bo!
Tortilla de repolo e touciño
27/01/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado como unha tortilla de repolo e touciño. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai resolver unha dúbida sobre como manter a cor na roupa.