Estache bo!
Polo adobado con ensalada de lombarda e mazá
20/01/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado coma polo adobado con ensalada de lombarda e mazá. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar unha sobremesa típica de Galicia.