Estache bo!
Arroz con centola
19/01/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado coma un arroz con centola. Durante o programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar un "veciconsello" sobre como limpar os filtros da campá extractora.