Estache bo!
Ensalada morna de arroz con salmón mariñado
11/01/2023 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado coma unha ensalada morna de arroz con salmón mariñado. Ao longo do programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Carvalho, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar o vídeo dunha espectadora do programa.