Estache bo!
Tacos de solombo ao viño tinto
20/12/2022 13:00 h
O noso chef Iván Mariñas vai elaborar algo tan doado coma uns tacos de solombo ao viño tinto. Ao longo do programa, Iván vai ir dando consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade. Ademais contamos con Velusa Álvarez, a veciña do noso chef, que nos vai ensinar unha sobremesa típica de Galicia.