Estache bo!
Chicoria gratinada con cabaciña e peras
17/05/2022 19:50 h
Rafa Durán visitará a Tomás en Gondomar para recoller o produto estrela da receita: a chicoria.
Ingredientes:
· 1 chicoria · 1 cabaciña · 3 peras conferencia · Aceite de oliva · 200 g de queixo · 2 rebandas de pan galego · Pemento doce · Sal
Elaboración:
Primeiramente, cortamos en anacos a chicoria e cocémola durante 15 minutos. Picamos o pan en dados e enfornámolo para facer carochos. Deseguido, salteamos a cabaciña e as peras.
Pasamos todo a unha bandexa de forno con queixo relado, pemento doce e gratinamos. Para rematar, facemos unha maionesa de pemento e allo para acompañar
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel coa receita.