Estache bo!
Pasta gratinada con queixo graxo madurecido
Hoxe Rafa Durán visitará a Lito Andión en Lalín para recoller o produto estrela da receita: queixo graxo madurecido.
Ingredientes: · ½ kg de macarróns · 400 g de queixo graxo madurecido · 400 g de queixo de tetilla · 700 ml de leite · 60 g de manteiga · 60 g de fariña · Allo en po · Noz moscada · Pementa moída · Sal
Elaboración:
Comezamos cocendo a pasta e arrefriámola. Para a salsa de queixo facemos unha bechamel coa manteiga, a fariña e o leite. Engadimos a metade dos queixos en anacos e remexemos ben ata obter una salsa homoxénea.
Nunha bandexa de forno poñemos a pasta, a salsa e mesturamos ben. Incorporamos os queixos relados e enfornamos 15 minutos a 180 graos. Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel coa receita.