CRTVG

Buscar

Estache bo!

Empanada de trigo do país e millo con mexillóns e chourizo

26/04/2022 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a Isabel Rivas en Cospeito para recoller o produto estrela da receita: a fariña de trigo.

Ingredientes:

Para a masa:  · 1 kg de fariña de millo  · 250 g de fariña de trigo “Caaveiro”  · Auga de cocer os mexillóns  · Sal  · 25 g fermento fresco

Para o recheo:  · 2 kg de mexillóns  · ½ vaso de viño branco  · 1 kg de cebolas  · ½ pemento verde  · ½ pemento vermello  · 2 chourizos  · Aceite de oliva e sal

Elaboración:

Abrimos os mexillóns e reservamos a carne e a auga de cocción. Rustrimos as verduras ata que estean brandas e reservamos o aceite.

Para a masa, mesturamos a fariña de trigo, o lévedo fresco e a auga. Deixamos repousar a masa.

Por outra banda, amasamos a fariña de millo e a auga da cocción dos mexillóns. Seguidamente mesturamos as dúas masas e deixámolas repousar.

Estiramos a metade da masa nunha bandexa de forno e incorporamos o rustrido, os mexillóns e o chourizo. Cubrimos coa outra capa de masa e pintamos co aceite do rustrido. Enfornamos a empanada durante unha hora a 170 graos.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel coa receita.

Atopar capítulo por: