Estache bo!
Torta de aguacate, coco e cítricos
Hoxe Rafa Durán visitará a Antonio no Rosal para recoller o produto estrela da receita: o aguacate.
Ingredientes:
Para a torta: · 2 limas · 1 limón · 150 g azucre · 5 aguacates maduros · 40 g aceite de coco
Para a base: · 200 g galletas · 80 g manteiga · 80 g coco relado
Para empratar: · 2 culleradas de coco relado
Elaboración:
Para facer a base comezamos cubrindo o molde con papel de forno. Trituramos as galletas e mesturámolas coa manteiga e o coco relado. Estendemos a masa no molde e metémola no conxelador durante 20 minutos.
Para facer o recheo relamos o limón, as limas e reservamos. Esprememos os cítricos e reservamos o seu zume. Abrimos os aguacates e sacámoslle a polpa. Mesturamos todos os ingredientes da torta nun cunco ata conseguir unha crema homoxénea. Vertemos a crema no molde e deixámola no conxelador dúas horas.
Sacamos a torta do conxelador e decorámola co coco relado e as limas confeitadas. Ademais, Isabel Villanueva visitará a Miguel para devolverlle as friameiras.