Estache bo!
Polbo en tempura con risoto de algas
Hoxe Rafa Durán visitará a Daniel Atanes no Carballiño para recoller o produto estrela da receita: o polbo cocido.
Ingredientes:
Para o risoto: · 300 g de arroz redondo · ½ vaso de viño branco · 1,5 l de caldo de verduras · 300 g de tomate relado · 1 cebola · 50 g de algas · 60 g de manteiga · 80 g de queixo parmesano · 3 dentes de allo
Para o polbo en tempura: · 4 raxos de polbo cocido · 330 ml de cervexa · 100 ml de vodka · 300 g de fariña refinada de millo
Elaboración:
En primeiro lugar hidratamos as algas. Picamos a cebola, os allos e as algas. Rustrimos todos sen que chegue a dourar. Agregamos o viño e deixamos que evapore o alcohol.
Incorporamos o arroz e remexemos ata que cambie de cor. Engadimos o tomate, deixamos que se integre e incorporamos o caldo de verduras aos poucos. Cando o arroz estea tenro, apagamos o lume e engadímoslle o queixo e a manteiga.
Para o polbo, mesturamos os ingredientes da tempura. Pasamos o polbo pola fariña e a tempura. Fritimos os anacos ata que douren. Servimos o polbo en tempura co risoto de algas.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel coa receita.