CRTVG

Buscar

Estache bo!

Panacota con xarope de grosella negra

12/04/2022 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a Manú en Tanquián para recoller o produto estrela da receita: o xarope de grosella negra. 

Ingredientes:

Para a panacota: · 500 ml de nata · 100 ml de leite · 70 g de azucre · 4 follas de xelatina

Para a cobertura: · 250 ml xarope de grosellas negras · 50 ml de auga · 2 follas de xelatina

Para o “crumble” de améndoas: · 100 g de manteiga · 100 g de azucre · 100 g de fariña · 100 g de améndoa moída · Un chisco de sal

Elaboración: 

Para facer a panacota, hidratamos a xelatina en auga fría. Infusionamos todos os ingredientes nun cazo durante 15 minutos. Pasado este tempo, incorporamos a xelatina e mesturamos todo moi ben. Vertemos a mestura nuns vasos e arrefriámolos.

Para o “crumble”, mesturamos todos os ingredientes ata obter unha masa areosa. Repartimos a mestura nun molde e enfornámola durante 20 minutos a 200 graos. Para finalizar, hidratamos o resto da xelatina e fervemos o xarope de grosella coa auga.

Cando o xarope ferva, incorporamos as xelatinas, mesturámolas ben e reservamos. Empratamos cun pouco de xarope por enriba das panacotas e rematamos cunha cullerada de “crumble”.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para conversar con Miguel.

Atopar capítulo por: