CRTVG

Buscar

Estache bo!

Perdices á toledana con patacas ao pobre

08/04/2022 19:50 h

Rafa Durán visitará a Jose María en Sistallo para recoller o produto estrela da receita: as perdices.

Ingredientes

Para as perdices: · 3 perdices · 2 cebolas · 3 cenorias · ½ l de aceite de oliva · 250 ml de vinagre · Pementa en gran 6 cravos de olor · 1 cabeza de allo · Tomiño fresco · 2 follas de loureiro

Para as patacas: · ½ kg de patacas · 1 pemento verde · 1 cebola · Sal e aceite de oliva

Elaboración

Douramos as perdices nunha ola e reservámolas. Refogamos a cebola, a cenoria e os allos. Cando estean as verduras refogadas, incorporamos as perdices e o resto dos ingredientes. Tapamos a pota con papel de forno e mailo testo.

Cociñamos a lume lento durante 45 minutos. Pelamos as patacas e cortámolas en xuliana. Picamos a cebola e o pemento en xuliana.

Rustrimos as patacas e cando estean medio douradas, engadimos a cebola e o pemento. Salpementamos e cociñamos durante 10 minutos.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un novo “veciconsello”.

Atopar capítulo por: