Estache bo!
Hamburguesas de salmón con queixo gouda
Rafa Durán visitará a Salvador en Monforte de Lemos para recoller o produto estrela da receita: o queixo gouda.
Ingredientes
Para as hamburguesas: · 500 g de salmón fresco · 300 g de queixo gouda · 1 ovo · 1 cullerada de mostaza de “Dijon” · 1 cullerada de pan relado · Pan de hamburguesa · 1 ollo de leituga · ½ ceboliña · 1 tomate
Para a salsa: · 200 g de iogur cremoso · 1 cogombro · 2 dentes de allo · Fiúncho fresco · Menta · Unhas gotas de zume de limón · Aceite de oliva · Sal e pementa
Para a ensalada: · 1 tomate · 1 cebola vBrotes tenros
Elaboración
Para facer a salsa de iogur, mesturamos todos os ingredientes, triturámolos e reservamos. Sacámoslle a pel ao salmón e picámolo. Salpementámolo e engadímoslle o ovo, o pan relado e a mostaza.
Mesturamos todo ben ata conseguir unha masa compacta. Facemos as hamburguesas incorporándolle uns anacos de queixo. Torramos o pan mentres cociñamos as hamburguesas. Montámolas co queixo e os vexetais.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para conversar con Miguel.