CRTVG

Buscar

Estache bo!

Ñoqui de pataca con chacina de boi

06/04/2022 19:50 h

Rafa Durán visitará a Bret en Bóveda para recoller o produto estrela da receita: a chacina de boi.

Ingredientes

Para a salsa de queixo: · 1 chalota · 200 g de nata para cociñar · 150 g de queixo de tetilla · Noz moscada moída · Pementa negra · Allo en po · Aceite de oliva virxe extra · Sal 6 liscos de chacina de boi · Noces

Para os ñoqui de pataca: · 750 g de patacas · 200 g de fariña · 1 ovo · Sal · Queixo parmesano relado fino · Aceite de oliva virxe extra

Elaboración

Para facer a salsa, rustrimos a chalota, engadímoslle a nata e o queixo de tetilla en anacos. Incorporamos a noz moscada, a pementa negra e o allo en po. Removemos e reservamos. Torramos os liscos de chacina de boi no forno durante 5 minutos e reservámolos.

Para os ñoqui, cocemos as patacas coa súa pel en auga con sal. Retiramos a pel e machucámolas cun garfo. Mesturámolas co ovo e salpementamos. Engadímoslle a fariña e amasamos. Cortamos a masa en porcións e facemos os ñoqui ao gusto. Cocémolos dous minutos aproximadamente e servímolos.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel cos ñoqui.

Atopar capítulo por: