CRTVG

Buscar

Estache bo!

"Mousse" de iogur con salsa de kiwi

05/04/2022 19:50 h

Rafa Durán visitará a Manú Baker en Tanquián para recoller o produto estrela da receita: os kiwis.

Ingredientes

Para a “mousse” de iogur: · ½ kg de iogur natural · 150 g de nata · 2 claras de ovo · 4 follas de xelatina · 3 culleradas de azucre · Zume de ½ limón · Auga

Para a salsa de kiwi: · 4 kiwis · 4 culleradas de azucre · Zume de 2 laranxas · Zume de 1 limón · 3 follas de xelatina

Para o empratado: · Framboesas · Follas de menta

Elaboración

Poñemos 4 follas de xelatina a remollo en auga fría. Quentamos o zume de limón, engadimos a xelatina escorrida e disolvémola. Batemos o iogur co azucre e agregamos o zume.

Por outra banda, montamos a nata e as claras de ovo a punto de neve. Mesturamos con movementos envolventes o iogur, a nata e as claras. Enchemos unha manga pasteleira coa “mousse” e deixámola arrefriar unha hora na neveira.

Para facer a salsa hidratamos outras 3 follas de xelatina. Trituramos os kiwis co zumes e o azucre, e poñemos todo ao lume. Cando empece a ferver, agregamos a xelatina remollada e mesturamos. Servimos a “mousse” en vasos, coa salsa de kiwi por enriba, follas de menta e framboesas.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel coa receita.

Atopar capítulo por: