CRTVG

Buscar

Estache bo!

Solombo de porco con zume de mazá

04/04/2022 19:50 h

Rafa Durán visitará a Alejandro no Rosal para recoller o produto estrela da receita: o zume ecolóxico de mazá.

Ingredientes

Para os solombos: · 2 solombos de porco · Aceite de oliva · 3 dentes de allo · 1⁄2 l de zume de mazá ecolóxico · 2 mazás reineta · 1 rama de canela · Sal e pementa

Para as patacas panadeiras: · 1 cebola · 1 pemento vermello · 1 pemento verde · 1⁄2 kg de patacas · 1⁄2 vaso de viño branco · Aceite de oliva · Sal e pementa

Elaboración

Cortamos as verduras en xuliana e rustrímolas. Cortamos as patacas en rodas e fritímolas lixeiramente. Colocamos as patacas nunha bandexa xunto coas verduras e o viño branco.

Enfornamos todo 20 minutos a 180 graos. Para facer o solombo, salpementámolo e dourámolo. Incorporamos as mazás en cuarteiróns, os allos, o zume de mazá e a canela. Enfornamos todo durante 15 minutos á mesma temperatura. Pasados 15 minutos, retiramos a canela e a carne e trituramos.

Servimos o solombo en liscos grosos coas patacas panadeiras e a salsa de mazá. Ademais, Isabel Villanueva visitará o p· lató para ensinarlle a Miguel un truco.

Atopar capítulo por: