CRTVG

Buscar

Estache bo!

Lasaña de salmón afumado con nata e verduras

01/04/2022 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a Xosé García en Pantón para recoller o produto estrela da receita: a nata. 

Ingredientes:

Para a lasaña: · 5 láminas de lasaña frescas · 1 cabaciña · 250 g de salmón afumado · 4 tomates · Manteiga para o molde · Nata vAceite de oliva · Queixo relado

Para o bechamel: · 400 ml de leite · 100 ml de nata · 30 g de fariña · 30 g de manteiga · Aceite de oliva virxe extra · Pementa negra · Noz moscada · Sal · 4 pementos do piquillo

Elaboración:

Cortamos a cabaciña, escaldámola e pasámola por auga fría con xeo para frear a cocción. Cortamos os tomates en rodas e reservamos. Untamos unha bandexa de forno con manteiga e poñemos capas de pasta, cabaciña, salmón, tomate e así sucesivamente. Asegurámonos de botar un pouco de nata en cada capa de verduras.

Para o bechamel, derretemos a manteiga cun pouco aceite e botamos a fariña para facer o “roux”. A continuación, engadimos a nata e o leite pouco a pouco e cociñamos 10 minutos sen deixar de remexer. Trituramos os pementos do piquillo e incorporámolos ao bechamel.

Cubrimos a lasaña co bechamel e co queixo relado. Enfornamos a lasaña uns 30 minutos a 180 graos.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel a montar a lasaña.

Atopar capítulo por: