CRTVG

Buscar

Estache bo!

Ensalada de follas de mostaza con polo asado

31/03/2022 19:50 h

Rafa Durán visitará a Patricia en Taborda para recoller o produto estrela da receita: a mostaza.

Ingredientes:

Para o polo asado: ·1 polo de curral · Aceite de oliva · 3 dentes de allo · 2 limóns · ½ cebola · Sal e pementa

Para o empratado: · Pan de cea · Aceite de oliva

Para a ensalada: · 1 presa de mostaza · Brotes tenros · Conservas en vinagre · 2 ceboliñas · Aceite de oliva · Vinagre de mazá · Sal e pementa · Piñóns · Noces · Améndoas  

Elaboración:

Salpementamos o polo e aderezámolo con zume de limón e aceite de oliva. Metemos o polo nunha bolsa de cocción e enfornámolo uns 40 minutos. En canto arrefríe, cortámolo en tiras e reservámolo.

Para facer a vinagreta, mesturamos as verduras en vinagre, o sal, o aceite e o vinagre de mazá. Torramos e machucamos os froitos secos e engadímolos á vinagreta. Cortamos as follas de mostaza en xuliana e salteámolas. Aliñamos os brotes tenros e a mostaza e mesturámolo todo co polo.

Para rematar fritimos uns anacos de pan e botámolos na ensalada.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel a trinchar o polo.

Atopar capítulo por: