Estache bo!
Arroz ao forno con costelas de porco e "Sriracha"
Rafa Durán visitará a Patricia en Tomiño para recoller o produto estrela da receita: a salsa “Sriracha”.
Ingredientes:
Para as costelas adobadas: · 1⁄2 kg de costelas de porco · 3 culleradas de salsa “Sriracha” · 1⁄2 vaso de viño branco · Pemento doce · 3 dentes de allo · Aceite de oliva · Sal
Para o caldo: · Recortes das verduras · 1 allo porro · 2 l de auga
Para o arroz: · 1 cebola · 1⁄2 pemento vermello · 1⁄2 pemento verde · 200 g de champiñóns · 400 g de arroz redondo · Aceite de oliva · Sal e pementa
Elaboración:
Comezamos facendo un caldo de verduras con dous litros de auga, un allo porro e os recortes do resto das verduras. Trituramos todos os ingredientes do adobo das costelas, botámosllo e reservámolas.
Cortamos a cebola, os pementos e os champiñóns e refogámolos nunha tarteira grande. Incorporamos as costelas e dourámolas. Engadimos o caldo e mailo arroz e cociñamos 10 minutos. Para rematar enfornamos o arroz durante 10 minutos máis a 200 graos.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un truco.