Estache bo!
Fabas de Lourenzá con chourizo de vaca e mexillón
Rafa Duran visitará a Miguel Rozados en Silleda para recoller o produto estrela da receita: o chourizo de vaca.
Ingredientes:
· 1⁄2 kg de mexillón de Galicia · 1⁄2 kg de fabas de Lourenzá · 3 chourizos de vaca · 1 cebola pequena · 1⁄2 allo porro · 1⁄2 rama de apio · 1 tomate en rama · 1⁄2 pemento vermello · 2 dentes de allo · 2 follas de loureiro · 1⁄4 vaso de albariño
Elaboración:
Cocemos as verduras co chourizo de vaca e as fabas. Cando empecen a ferver cortamos a cocción cun vaso de auga fría e repetimos esta operación tres veces. Deixamos que as fabas cozan arredor dunha hora e media.
Mentres tanto abrimos os mexillóns ao vapor cun vaso de viño e reservámolos coa súa auga. Cando as fabas estean feitas, retiramos o exceso de auga e as verduras. Engadimos na pota os mexillóns coa súa auga e as verduras previsamente trituradas. Para rematar cociñamos todo xunto 10 minutos máis.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel cos mexillóns.