Estache bo!
Coles de bruxelas gratinadas
Hoxe Rafa Duran visitará a Ofelia Lema na Estrada para recoller o produto estrela da receita: as colas de Bruxelas
Ingredientes:
· 1/2 kg de coles de Bruxelas · 3 patacas · 2-3 allos porros pequenos · 2 liscos de entreteto · 50 g de manteiga · 100 ml de nata · 100 gr de queixo relado · Aceite de oliva · Sal · Pementa · Pirixel
Elaboración: Limpamos as coles de Bruxelas e cocémolas durante 15 minutos. Cocemos as patacas escachadas e os allos porros durante 25 minutos
Escoamos e engadimos a nata, a pementa negra e a manteiga. Trituramos ata facer un puré e pasámolo a unha bandexa de forno. Incorporamos as coles de Bruxelas e repartimos por enriba o queixo relado e o entreteto de vaca. Enfornamos 15 minutos a 180 graos con calor por arriba.
Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para contarlle a Miguel un novo “veciconsello”.