CRTVG

Buscar

Estache bo!

Hoxe Rafa Durán visitará a Manuel Carbia da empresa Leite Ulla en Santeles, A Estrada para recoller o produto estrela da receita: o queixo fresco.

Ingredientes:

•  1 kg de carne picada mixta • 2 ovos batidos • 3 rebandas de pan de molde • 1 vaso de leite • 4 allos • Pirixel • Sal • Fariña • 200 g de queixo fresco • 1 cebola • 3 tomates maduros • 4/5 cenorias • 1 vaso de caldo de verduras • 1 vaso de viño branco • Aceite de oliva

Elaboración:

Para facer o prebe, refogamos a cebola picada, a cenoria e o tomate relado durante 5 minutos. Agregamos o viño e cociñamos ata que a cebola estea tenra. Engadímoslle o caldo de verduras, deixamos que se cociñe e pasámoslle o brazo batedor.

Para facer as albóndegas, adobamos a carne picada e engadimos o pan de molde remollado en leite e ovo batido. Cortamos o queixo fresco en anacos e rodeámolo coa mestura de carne picada.

Rebozamos as albóndegas coa fariña, fritímolas e engadímolas á tarteira. Deixamos cocer todo xunto, uns 15 minutos, ata que o prebe quede espeso.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel a facer as albóndegas.

Atopar capítulo por: