CRTVG

Buscar

Estache bo!

Picaña de cachena braseada

16/03/2022 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a Manuel Teijeiro, un gandeiro de Montes de Boado en Xinzo de Limia para recoller o produto estrela da receita: a picaña de cachena.

Ingredientes:

•  1/2 kg picaña de cachena • 3 cebolas • 3 pementos vermellos • 1/2 vaso de viño doce •  75 g azucre moreno • Aceite de oliva • Sal e pementa

Elaboración:

 Enfornamos os pementos, pintados con aceite e salpementados, uns 20 minutos a 160 graos. Cando estean listos, pelámolos e reservámolos.

Por outra banda, douramos ben a carne nunha tixola e metémola no forno a 160 graos durante 20 minutos. Rustrimos a cebola e deixamos que se confeite xunto co viño e o azucre 30 minutos a lume baixo. Servimos a carne en liscos, os pementos asados e maila cebola confeitada.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para axudarlle a Miguel a facer as albóndegas.

Atopar capítulo por: