CRTVG

Buscar

Estache bo!

Salchichas 'bratwurst' con espárragos verdes á cervexa

14/03/2022 19:50 h

Hoxe Rafa Durán visitará a Roberto López

Ingredientes: 

 1/2 kg de salchichas “Bratwurst” • 33 cl de cervexa rubia • 1 presa de espárragos •  1 presa de espárragos verdes • 2 dentes de allo •  1 cebola • 2 follas de loureiro • Aceite de oliva • Sal e pementa • Améndoas laminadas

Elaboración:

Douramos as salchichas e reservámolas. Refogamos a cebola e o allo, durante 5 minutos, con sal e loureiro. Cortamos os espárragos, en anacos medianos, e incorporámolos á tarteira.

Cando comecen a mudar de cor, engadimos a cervexa e as salchichas. Para rematar, deixamos que se cociñe todo xunto, a lume baixo, durante 15 minutos. Empratamos con espárragos brancos marcados na prancha.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un truco co loureiro.

Atopar capítulo por: