CRTVG

Buscar

Estache bo!

Repolo rustrido con trenzas de pavo

10/03/2022 20:00 h

Hoxe Rafa Durán visitará ao agricultor Manuel Blanco en Campo Lameiro para recoller o produto estrela da receita: o repolo.

Ingredientes:

· 1 repolo · 2 peitugas de pavo · 1/2 vaso de “brandy” · 3 dentes de allo ·  Aceite de oliva · Ourego · Pemento doce · Sal e pementa

Elaboración:

Rustrimos os allos picados nunha tixola. Engadimos o repolo cortado en xuliana e cociñámolo 10 minutos. Agregamos o “brandy” e as especias, e deixamos todo no lume 5 minutos máis.

Por outra banda, cortamos as peitugas en filetes. Facemos tres tiras longas con cada un deles, trenzámolas e salpementamos. Douramos ben as trenzas, polos dous lados, e servímolas co repolo.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un novo “veciconsello”.

Atopar capítulo por: