Estache bo!
Chícharos con xamón de porco celta e ovo flor
Hoxe Rafa Durán visitará a Óscar da empresa Cárnicas Teijeiro en Sarria para recoller o produto estrela da receita: o xamón de porco celta.
Ingredientes:
· 200 g de xamón de porco celta · 1 kg de chícharos · 6 ovos · 1 cebola · 1 cullerada de fariña · 1 vaso de caldo de verduras · Pemento doce · Aceite de oliva · Pementa · Sal
Elaboración:
Nunha tarteira rustrimos a cebola cun chisco de aceite. Engadimos a fariña e o viño branco e cociñámolo uns minutos. Incorporamos o caldo de verduras, os chícharos e o xamón en anacos.
Cociñámolo todo uns 20 minutos. Para facer os ovos flor, poñemos papel transparente nun cunco e pintámolo con aceite. Botamos un ovo, salpementámolo e cerramos a bolsa coma un paquete.
Cocemos os ovos nunha pota, entre 3 e 5 minutos, e servímolos cos chícharos. Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un truco sobre os ovos.