CRTVG

Buscar

Estache bo!

Torta de queixo Arzúa-Ulloa ao forno con prebe de marmelo e laranxa

02/03/2022 20:25 h

Hoxe Rafa Duran visitará a Carmen Vázquez en Curtis para recoller o produto estrela da receita: queixo Arzúa-Ulloa. TORTA DE QUEIXO ARZÚA ULLOA AO FORNO CON PREBE DE MARMELO E LARANXA INGREDIENTES: Para a torta: 400 g de queixo Arzúa Ulloa 500 g de queixo crema 7 ovos 400 g de azucre 2 culleradas de maicena 550 g de nata Para o prebe: 300 g de marmelo 2 laranxas ½ vaso de auga 1 rama de canela ELABORACIÓN Para a torta de queixo: Quentamos o forno a 210ºC. Poñemos a metade da nata co queixo de Arzúa Ulloa cortado en anacos nun cazo e ímolo cociñando ata que o queixo disolva por completo. Retiramos do lume, mesturamos co resto da nata e deixamos arrefriar. Poñemos nun cunco o queixo crema, engadimos o azucre, batemos ata que estea ben integrado e introducimos os ovos. Incorporamos a maicena e mesturamos todo ben ata facer unha mestura homoxénea de todos os ingredientes. Forramos un molde con papel de forno. Vertemos a mestura no molde e introducímolo no forno. Enfornamos a torta 45 minutos, sacámola do forno e deixámola arrefriar completamente. Para o prebe de marmelo: Poñemos todos os ingredientes nun cazo ao lume, cociñamos sen deixar de remover ata que quede un prebe suave e unha vez quitamos a torta do molde rematamos acompañándoa co prebe. Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para levarlle a Miguel unha mostra das laranxas que acaba de recoller na súa casa.

Atopar capítulo por: