CRTVG

Buscar

Estache bo!

Verzas recheas

17/02/2022 19:50 h

Rafa Duran visita a Manuel Blanco en Campo Lameiro para recoller o produto estrela da receita: verzas.

Ingredientes:

• Verzas  • 300 g de carne de tenreira picada • 200 g de papada curada picada • 1 cebola • 2 ovos • 1 vaso de caldo •  1 copa de viño branco seco • Aceite de oliva • Chisco de maicena

Elaboración: Limpamos as verzas, escaldamos 5 minutos en abundante auga con sal, escorremos, quitamos o talo máis groso e reservamos.

Nunha tixola poñemos 3 culleradas sopeiras de aceite de oliva e douramos unha cebola moi picada. Unha vez estea a cebola rustrida incorporamos a carne de tenreira, o touciño de papada e refogamos 5 minutos.

Mesturamos o rustrido das carnes e a cebola cos ovos e salpementamos.

Reenchemos as verzas ca mestura e enrolamos facendo pequenos paquetes. Atamos cun fío de cociña e reservamos.

Poñemos unha ola baixa ó lume cun bo chorro de aceite de oliva, a cebola picada e refogamos ata que estea tenra. Engadimos o viño seco, o caldo e incorporamos os paquetes de verza recheos cociñándoos a lume medio uns 15 minutos.

Unha vez cociñados sacámoslle o fío de cociña e servimos acompañados do prebe para rematar a receita.

Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para botarlle unha man coa receita a Miguel.

Atopar capítulo por: