CRTVG

Buscar

Estache bo!

Milfollas de turrón amendoado e mazá

03/01/2022 19:50 h

Ingredientes:

• Turrón amendoado • 300 g de queixo fresco • Améndoas acarameladas

Para as mazás asadas: • 5 mazás • 3 culleradas de azucre moreno • 1 culler de canela en po • 100 g de manteiga

Para a compota de mazá: • 1 mazá cortada en liscos • 2 culleradas de azucre branco • 1 anís estrelado • 2 culleradas de auga • Zume e reladura de medio limón

Elaboración:

Quitámoslle o carozo ás mazás, salpicámolas co azucre, a canela en po, unhas gotas de limón e un lisco de manteiga. Asámolas 40 minutos a 180 graos, pelámolas, machucámolas e reservamos. Nun cazo cun chisco de manteiga torramos lixeiramente unha mazá en anacos. Incorporamos azucre, anís estrelado e o zume de medio limón. Nun cunco machucamos o queixo fresco. Montamos a sobremesa cun lisco de turrón, unha cullerada de mazá asada, outro lisco de turrón, unha cullerada de queixo fresco e así sucesivamente. Rematamos coa mazá acaramelada, unhas garrapiñadas trituradas e listo para comer. 

Atopar capítulo por: