CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tiramisú de mascarpone con galletas

13/12/2021 19:50 h

Ingredientes:

   • Galletas • ½ kg de queixo mascarpone • 5 ovos • 75 g de azucre branco • 75 g de azucre moreno • ½ kg de biscoito • 1 cunca grande de café • Cacao en po

Elaboración:

Cun mascarpone e unhas galletas galegas imos facer o tiramisú perfecto. Nun cunco mesturamos as xemas co azucre e reservamos. No robot de cociña montamos as claras a punto de neve. Mesturamos o queixo mascarpone coas xemas e as claras.

Montamos o tiramisú cunha base de biscoito empapado en café, unha capa de mascarpone e outra de galletas e así sucesivamente ata culminar con cacao en po.

Arrefriamos, empratamos e listo para comer.

Atopar capítulo por: