CRTVG

Buscar

Estache bo!

Níscaros con ovos e trufa negra

24/11/2021 19:50 h

Ingredientes:

• Níscaros • 3 ovos frescos pequenos • 1 trufa en conserva • 1 pataca grande • 3 dentes de allo • 1 culleriña de tomiño • Perexil fresco • 1 rebanda de pan dun bolo • AOVE • Sal e pementa

Elaboración: Apetécenos comer os níscaros con todo o seu sabor. Cortamos a pataca palla e frixímola en aceite de oliva. Baleiramos o aceite, incorporamos os allos e os níscaros e salteamos a lume forte durante 3 minutos. Friximos os ovos inclinando lixeiramente o cazo para que queden ben recollidos. Enfornamos unha rebanda de pan cun chisco de allo, un pouco de aceite e as especias que máis nos gustan. Empratamos cuns liscos de trufa negra e listo para comer.

Atopar capítulo por: