CRTVG

Buscar

Estache bo!

Profiteroles de crema pasteleira

01/10/2021 19:50 h

Ingredientes:

Para a masa: • 250 ml. de leite • 100 gr. de manteiga • 1 chisco de sal • 2 cullerada de azucre • 4 ovos • 150 gr. de fariña

Para a crema pasteleira: • ½ litro de leite • 4 xemas de ovos • 50 gr. de fécula de millo • 130 gr. de azucre • 1 vainilla Para o empratado: • Azucre glas • Froitos vermellos • Menta fresca • 100 gr. de chocolate fundido

Elaboración:

Hoxe apostamos por algo doce, uns profiteroles. Para facer a masa quentámolo leite cun chisco de sal, azucre e manteiga. Cando comece a ferver incorporamos a fariña, remexemos, e cando despegue do cazo engadimos os ovos un a un. Cando estea morno e coa axuda dunha manga pasteleira dámoslle forma aos profiteroles nunha bandexa de forno. Enfornamos 20 minutos a 180 graos. Para a crema pasteleira quentámolo leite coa vainilla. Nun cunco mesturamos os ovos, o azucre e a maicena. Incorporámolo ó cazo do leite e remexemos ata lograr a textura da crema. Enchemos os profiteroles coa crema pasteleira. E listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: