CRTVG

Buscar

Estache bo!

Hamburguesas de colirravo

14/09/2021 20:00 h

Hoxe, Rafa Durán visitará a Juan, de A Horta de Lucinda en Viñós (Arzúa) para recoller colirravo, un magnífico produto para facer "Hamburguesas de colirravo".

Ingredientes:

- 2 bolos de pan de hamburguesa

Para a hamburguesa: - 250 gr. de colirravo relado - 1 cenoria relada - 1 cebola en xuliana fina - 1 dente de allo - 1 culleriña de pemento doce - Sal e pementa - 2 culleradas de pan relado - 1 ovo - 1 cullerada de sementes de sésamo

Para o guacamole: - 1 aguacate maduro - Zume dunha lima - ½ cebola moi picada - 1 culler de coandro fresco - 1 tomate moi picado sen polpa - Sal e pementa

Para salsa de queixo: - 200 gr. de queixo cheddar relado - 2 culleradas de queixo crema - 1 culleriña de pemento doce - 1 noz de manteiga - ½ cunca de leite - 1 culleriña de maicena - Sal e pementa - Ceboliño

Para os chips: - 1 pataca en liscos finos - 1 colirravo en liscos finos - 1 culleriña de pemento picante - 1 culleriña de sal

Elaboración:

Para a hamburguesa vexetariana de hoxe, precisamos rustrir lixeiramente a cebola, a cenoria, o colirravo e o allo. Incorporamos o pemento doce, e unha vez que arrefríe, corriximos a textura co ovo e o pan relado.

Para o guacamole machucamos o aguacate. Mesturamos coa cebola, o coandro, o tomate, unhas pingas de lima e un chisco de sal.

Para a salsa de queixo derretemos a manteiga, incorporamos o leite, a maicena, e sen parar de remexer, os queixos e o pemento.

Friximos uns liscos de pataca en abundante aceite de oliva. Marcamos a hamburguesa, o pan, empratamos e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: