CRTVG

Buscar

Estache bo!

Paspallás recheos con salsa de arandos

13/09/2021 20:00 h

Hoxe arrancamos cuns paspallás recheos con salsa de arandos. Rafa Durán, reporteiro recadeiro, irá recoller arandos xunto Sofía Carballido, unha agricultora de Santiago para poder realizar a receita.

Ingredientes:

3 paspallás, 5 patacas para asar, 1 limón.

Para a salsa de arandos: 250 gr. de arandos, 2 chalotas moi picadas, 1 noz de manteiga, zume dunha laranxa, ½ copa de viño porto ou doce, 1 culler de azucre moreno e 1 chisco de sal.   

Para o recheo dos paspallás: 2 noces de foie-gras, 1 cebola moi picada, 1 dente de allo moi picado, 6 cogomelos moi picados, 100 gr. de miga de pan, sal e pementa.

Para a manteiga especiada: 150 gr. de manteiga (en pomada), 1 culleriña de ourego, 1 culleriña de romeu, 1 culleriña de pemento doce, sal e pementa

Elaboración:

O recheo facémolo nunha tixola rustrindo a cebola, o allo, os cogomelos, o pan e finalmente con dúas noces de foie-gras. Salpementamos, enchemos os paspallás e pintámolos coa manteiga especiada. Enfornámolos durante 25 minutos a 190 graos. Mentres, nun cazo rustrimos as chalotas nunha noz de manteiga, incorporamos os arandos, o azucre, o viño Porto e o zume de laranxa. Correximos de sal e deixamos cocer ata obter o espesor desexado. Friximos as patacas, empratamos e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: