CRTVG

Buscar

Estache bo!

Pementos do piquillo recheos de maruca

03/09/2020 11:00 h

Ingredientes:

1/2 litro de leito, 25 gr. de manteiga, 35 gr. de fariña, perexil, pementa e salchicha, 12 pementos, 1 folla de loureiro, 1 pataca, 1 rama de apio.

Para a salsa:

4 pementos piquillo, 200 ml. leite evaporado, 1 ceboliña, aceite de oliva, sal e pementa.

Elaboración:

Cocemos tres minutos os escachos en medio vaso de auga. Separamos a carne das espiñas e mesturamos xunto co caldo. Nunha tarteira preparamos unha bechamel engadindo un pouco de caldo. Salpementamos e relamos un chisco de noz moscada. Mesturamos co escacho e deixamos arrefriar. Nunha tixola rustrimos 3 pementos, a ceboliña a lume baixo uns 15 minutos. Engadimos o leite, salpementamos e deixamos cocer tres minutos mais. Trituramos e reservamos. Enchemos os pementos e salseamos. Empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: