CRTVG

Buscar

Estache bo!

Atados en tempura

31/08/2020 11:00 h

Ingredientes:

1 allo porro,1/2 pemento vermello, 1 cenoria, 8 lagostinos, 8 follas de espinaca, 1 cabaciña, 160 ml. de auga con gas, 50 gr. de fariña, 1 xema de ovo, 1/2 cunca de mel, 1/2 cunca de salsa de soia, 1/2 cunca de auga, 1/2 cullerada de maicena, sementes de sésamo, azafrán, aceite de xirasol, pementa e sal.

Elaboración:

Limpamos os lagostinos e atravesámolo co espeto. Co allo porro atamos as verduras e reservamos. Para facer a tempura mesturamos todos os ingredientes coa fariña ata obter o espesor desexado. Para a salsa mesturamos o mel, a soia, a auga e a maicena. Friximos os atados en aceite de xirasol. Empratamos e listo para comer!

Atopar capítulo por: