Estache bo!
Ovos ao 'curry' con arroz
20/07/2020 11:00 h
Ingredientes:
4 ovos, 1/2 peituga de polo, 150 gr. de arroz, 50 gr. de noces, 1 cebola, 50 gr. de manteiga, 1 mazá reineta, 2 culleradas de 'curry', 1 cullerada de cúrcuma, 1 litro de calfo de polo, fariña, zume de medio limón, aceite de oliva, perexil, pementa e sal.
ELABORACIÓN: Cocemos os ovos, o arroz e a peituga de polo. Para facer a salsa rustrimos a cebola en aceite de oliva e manteiga. Engadimos a mazá en anacos e cocemos cinco minutos. Incorporamos a fariña e as especias. Remexemos, engadimos o caldo e deixamos cocer 20 minutos mais. Salteamos o arroz co polo, as noces, o perexil e o zume do limón. Empratamos e listo para comer!