Estache bo!
Espetadas de rapante
09/03/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 2 RAPANTES LIMPOS
- 4 CHAMPIÑÓNS
- 8 TOMATES CEREIXA
- ACEITE
- 4 CEBOLIÑAS ENCURTIDAS
- 4 ESPETOS DE MADEIRA
- ENSALADA DE HERBA DOS CÓENGOS
- MAIZIÑOS FRITIDOS
SALSA:
- 200 ML. DE ACEITE
- 50 ML. DE VINAGRE
- 2 DENTES DE ALLO
- PERIXEL
- SAL E PEMENTA
ELABORACIÓN: Montamos os espetos cos liscos de rapante, o tomate, os champiñóns e as ceboliñas. Marcamos nunha grella e reservamos unha bandexa de forno. Mesturamos o aceite, o vinagre, o allo machucado o pirixel a sal e a pementa e Facemos a salsa que vertemos sobre os espetos. Co forno a 220 graos metemos os espeto uns 5 minutos. Aliñamos a ensalada de herbas dos cóengos. Empratamos… e listo para comer…!!!