Estache bo!
Saquiños de repolo recheos
INGREDIENTES:
- 150 GR DE CHAMPIÑONS
- 250 GR ANGURIÑAS
- 1 CEBOLA
- 3 DENTES DE ALLO
- 1 CHILE
- ACEITE DE OLIVA
- SAL E PEMENTA
- VASO VIÑO BRANCO
ELABORACIÓN: Nun cazo escaldamos as follas de repolo ata que abran nunha tarteira cun fondo de aceite de oliva e rustrimos a cebola e os allos, cando tomen cor engadimos a carne e a cabaciña en anacos pequenos e cocemos uns 10 minutos a lume suave. Deseguido poñemos a salsa de tomate o tomiño e a cúrcuma. Nun cunco mesturamos a fécula de trigo, a cenoria relada e poñemos a hidratar ca mesma cantidade de caldo de polo fervendo. Nunha tarteira co fondo de aceite de oliva poñemos o repolo en xuliana, enriba os saquiños ben asentados e un vaso co caldo de polo e cocemos durante media hora. Empratamos os saquiños ca fécula de trigo e listo para comer.