Estache bo!
'Anguriñas' ao allo con champiñóns
05/03/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 150 GR DE CHAMPIÑONS
- 250 GR ANGURIÑAS
- 1 CEBOLA
- 3 DENTES DE ALLO
- 1 CHILE
- ACEITE DE OLIVA
- SAL E PEMENTA
- VASO VIÑO BRANCO
ELABORACIÓN: Nunha tixola con aceite sofritimos os tres dentes de allo e o chile. E reservamos. Engadimos a cebola, salpementamos e deixamos 7 minutos. Engadimos os champiñóns facemos un minuto e engadimos o vaso de viño, deixamos cocer 5 minutos máis e poñemos as anguriñas, e nun par de minutos o temos ….listo para comer..!!