Estache bo!
Luras recheas de arroz branco
INGREDIENTES:
- 1 KG DE LURAS
- 100 GR. DE XAMÓN CURADO
- 1 DENTE DE ALLO
- 1 CULLERADA DE PAN RELADO
- PERIXEL
- 1 OVO BATIDO
PARA A SALSA:
- ½ KG. DE CEBOLAS
- 1 DENTE DE ALLO
- 1 KG. DE TOMATES MADUROS
- 1 VASO DE RIBEIRO
- TINTA DE LURA
- ACEITE
- SAL
- ARROZ LONGO
ELABORACIÓN: Limpamos ben as luras e dámoslle a volta. Mesturamos as cabezas das luras, o xamón curado a cullerada de pan relado, o ovo e o pirixel. Os metemos dentro das luras, pechamos cun escarvadentes e reservamos. Nunha tarteira poñemos a rustrir a cebola moi picada, o allo e os tomates para facer a salsa. Engadimos a tinta mesturada no vaso de viño e incorporamos as luras e deixamos cocer 10 minutos. Nun cazo poñemos a cocer o arroz. Empratamos as luras co arroz… e listo para comer…!!!