Estache bo!
Risotto de cogomelos
25/02/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 200 GR DE ARROZ PARA RISOTTO
- CALDO DE VERDURAS
- 400 GR DE COGOMELOS VARIADOS
- 1 CEBOLA
- 40 GR DE MANTEIGA
- ½ VASO DE VIÑO BRANCO
- 1 DENTE DE ALLO
- 150 GR QUEIXO PARMESANO
- ACEITE
- 1 CULLERIÑA DE PIRIXEL
- 1 CULLERIÑA DE ROMEU
- SAL
- PEMENTA
ELABORACIÓN: Nunha pota con auga salgada facemos o caldo. Nunha tixola con allo e aceite de oliva marcamos os cogomelos e reservamos. Na mesma tixola rustrimos lixeiramente a cebola, engadimos o arroa e refogamos 2 minutos, seguidamente vai o viño, deixamos evaporar o alcohol e imos votando o caldo a poucos e remexendo cada 2 minutos, cando o arroz comece a estar listo engadimos a manteiga e as especias, e finalmente o parmesano, empratamos cos cogomelos e listo para comer.