Estache bo!
Escalopiño de tenreira en salsa de framboesa
24/02/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 4 ESCALOPIÑOS DE TENREIRA
- 2 DENTES DE ALLO
- 1 CEBOLA
- PEREXIL
- 300 ML PEDRO XIMENEZ
- 125 GR DE FRAMBOESA
- 100 ML DE CALDO DE CARNE
- SAL E PEMENTA
- 40 ML ACEITE
PURÉ DE BRÓCOLI:
- 1 BRÓCOLI
- 2 PATACAS
- AOVE
- SAL
ELABORACIÓN: Suplementámola carne, marcámola nunha tixola e reservamos. Na mesma tixola rustrimos ben a cebola e os allos, engadimos o viño, reducimos o alcohol e engadimos ½ vaso de caldo de carne. Salpementamos e engadimos as framboesas e cocemos ata que se desfagan. Pasamos a salsa polo pasador de purés e volcamos enriba dos escalopiños e deixamos cocer 2 minutos. Por outra banda nun cazo con auga salgada cocemos as patacas co brócoli , machucamos engadindo unha culler de aceite de oliva virxe.