CRTVG

Buscar

Estache bo!

Biscoito xenovés recheo de crema de limón

03/02/2020 11:30 h

INGREDIENTES:

-4 OVOS A TEMPERATURA AMBIENTE

- 120 GR. DE AZUCRE

- 1 CULLERIÑA DE SAL

- 120 GR. DE FARIÑA PENEIRADA

- RELADURA DUN LIMÓN

 

PARA UNHA CREMA RÁPIDA DE LIMÓN:

- 200 GR. DE NATA

- 200 GR. DE LEITE CONDENSADO

- RELADURA DE 1 LIMÓN E ZUME DE 5 LIMÓNS

 

ELABORACIÓN: Nun cazo grande poñemos o azucre e o sal e os ovos e batemos ata que tripliquen o seu volume. Engadimos a fariña peneirada e a reladura do limón e mesturamos con movementos envolventes. Vertemos nun molde engraxado e enfariñado e forneamos a 180º e uns 30 minutos ou ata que un espeto saia limpo. Nunha cunca grande poñemos a nata e o leite condensado por partes iguais, a reladura e o zume dos limóns. Batemos uns minutos ata obter unha crema espesa. (seguir como procedamos) desmoldamos e enchemos o biscoito ….e listo para comer…!

Atopar capítulo por: