Estache bo!
Biscoito de cabaciña
INGREDIENTES:
- 130 GR. DE FROITOS SECOS
- 300 GR DE CABACIÑA RELADA
- 3 OVOS
- 350 GR. DE AZUCRE
- 280 GR. DE FARIÑA
- 1 CULLERIÑA DE LEVEDO QUIMICO
- ½ CULLERIÑA DE BICARBONATO
- 1 CULLERIÑA DE SAL
- 1 CULLERIÑA DE CANELA MOIDA
- ½ CULLERIÑA DE NOZ MOSCADA
- 2’5 DL. DE LEITE
PARA O GLASEADO:
- 150 GR DE AZUCRE GLAS
- 1 OU 2 LIMÓNS
ELABORACIÓN: Triturar os froitos e peneirala fariña, o bicarbonato, o sal, as especias e relar a cabaciña. Reservamos bater os ovos co azucre e o aceite ata que branqueen e esponxe, uns 10 minutos. Engadir os ingredientes peneirados, os froitos secos e a cabaciña e mesturar cunha lingua. Verter nun molde engraxado e con fariña e fornear 50 minutos a 190 graos. Desmoldar cando estea morno nun cazo poñemos o azucre glass e ir engadindo o zume do limón ata formar o glaseado, verter por riba do biscoito, deixar arrefriar. E listo para comer…!