Estache bo!
Sopa xuliana de galiña
24/01/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 2 CENORIAS
- 1 CEBOLA
- 1 ALLOPORRO
- 1 RAMA DE APIO
- 1 CUNCA DE CHÍCHAROS
- ¼ COLIFLOR
- 150 GR. DE XAMÓN CURADO
- 1 CULLERADA DE MANTEIGA
- SAL E PEMENTA
- ACEITE DE OLIVA
- 2 LITROS DE CALDO DE GALIÑA
- UNHA PRESA DE AMÉNDOAS
ELABORACIÓN: Picamos en xuliana a cebola e o allo porro e rustrimos nunha tarteira con aceite de oliva e a manteiga, pasados 1o minutos engadimos o resto das verduras en xuliana e o xamón curado rustrimos un par de minutos máis e engadimos o caldo de galiña. Salpementamos e cocemos uns 25 minutos...empratamos e listo para comer…!!!!