Estache bo!
Champiñóns recheos con tomate ao forno
22/01/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 300 GR DE XAMÓN OU TOUCIÑO
- 12 CHAMPIÑÓNS GRANDES
-1 CEBOLA MEDIANA
- ½ CABACIÑA
- 2 TOMATES PARA FACER SALSA
- 1 DENTE DE ALLO
- QUEIXO PARA GRATINAR
- SAL E PEMENTA
- 1 CULLERIÑA DE OUREGO
- ACEITE DE OLIVA
- 6 TOMATES PARA FORNEAR
ELABORACIÓN: Lavamos os champiñóns e picamos os talos moi finamente xunto ca cebola e a cabaciña, rustrimos nunha tixola con aceite de oliva e engadimos o xamón e o tomate relado, cociñamos uns minutos, salpementamos e enchemos os champiñóns Nunha fonte de formos poñemos os toros de tomate duns 2 cm, de groso, salpementamos, aceitamos e salpicamos con ourego. Enriba os champiñóns e finalmente o queixo. Metemos no forno a uns 190 graos. Empratamos...e listo para comer…!!!