Estache bo!
Crema de verduras
21/01/2020 11:30 h
INGREDIENTES:
- 1//2 CABAZA
- 1 PATACA
- 3 CENORIAS
- 1 CEBOLA
- 1 CABACIÑA
- 1 ALLO PORRO
- 1 LISCO DE PAN
- 2 ANACOS DE CHOURIZO
- 1 LISCO DE TOUCIÑO
- CEBOLIÑO
- ACEITE DE OLIVA
- SAL
PARA O CALDO
- OSOS DE POLO
- ANACO DE XAMÓN
- ANACO DE TOUCIÑO
- ½ CHOURIZO
- 1 ALLO
ELABORACIÓN: Nunha pota facemos o caldo de polo e deixamos cocer a lume baixo durante unha hora aproximadamente. Noutra pota aromatizamos o aceite e deseguido engadimos as verduras. Por outra banda, nunha tixola torramos uns dados de pan cun chisco de aceite. Empratamos e listo para comer.