Estache bo!
Biscoito de cenoria
INGREDIENTES:
• 250G CENORIA CRÚA
• 200 G FARIÑA DE TRIGO DE REPOSTERÍA
• 200GR AZUCRE MORENO
• 125ML ACEITE DE OLIVA
• 1 CULLER DE CANELA EN POLVO
• 10 GR FERMENTO
• 3ML ESENCIA DE VAINILLA
• 4 OVOS
• CHISCO DE SAL
PARA O FROSTING DE QUEIXO:
• 200 GR QUEIXO MASCARPONE
• 200ML NATA PARA MONTAR
• 40 GR MANTEIGA
• 160 GR AZUCRE GLAS
ELABORACIÓN:
Pelamos e relamos as cenorias e reservamos. Peneiramos a fariña, engadimos o fermento, a noz moscada e a canela. Mesturamos todo e reservamos. Nun cazo batemos os ovos e vamos incorporando todos os ingredientes. Incorporamos o azucre moreno en dúas veces e continuamos co aceite de oliva. Por último a cenoria raiada e a fariña. Mesturamos para que quede todo homoxéneo. Prequentamos o forno 10 min a 180ºC. Pinchamos no biscoito para comprobar se está listo. Retiramos e deixamos arrefriar.
Frosting de queixo mascarpone: Nun cazo vertemos a manteiga derretida, engadimos o queixo e mesturamos ben. Seguimos co azucre e volvemos mesturar ben ata que quede unha mestura homoxénea. Montamos a nata noutro recipiente aparte. Incorporámola ao cazo anterior e mesturamos. Cando o biscoito estea frío, estendemos o frosting de queixo. Metemos no frigorífico e listo para comer!