Estache bo!
Coello con verduras ao forno
25/11/2019 11:30 h
INGREDIENTES:
• 1 COELLO
• 2 PATACAS
• 1 CEBOLA
• 1 BERENXENA
• 1 TOMATE
• 4 DENTES DE ALLO
• PEREXIL
• TOMIÑO
• SAL E PEMENTA
• OUREGO
• ROMEU
• ACEITE DE OLIVA
• 4 CULLERADAS DE VINAGRE
• 4 CULLERADAS DE ACEITE
• ½ VASO DE GODELLO
• 1 SOBRE DE AZAFRÁN
ELABORACIÓN: Nun cazo mesturamos o allo e o perexil moi picado, as herbas aromáticas, o aceite, o viño e o vinagre. Dividimos este mollo en dous, e a un engadimos o azafrán. Adobamos o coello e as patacas co mollo de azafrán, e o resto das verduras, no outro mollo. Poñemos todo nunha bandexa a fornear menos os tomates. Uns 40 minutos a 200° Engadimos os tomates e forneamos 10' máis. Empratamos e listo para comer!